Commons:Project scope/Precautionary principle/gl

Shortcuts: COM:PRP COM:PCP COM:PRINCIPLE

This page is considered an official policy on Wikimedia Commons.

It has wide acceptance among editors and is considered a standard that everyone must follow. Except for minor edits (such as fixing typos, or bringing information up to date), please make use of the discussion page to propose changes to this policy.

Category:Commons policies/Translations

As persoas usuarias de Commons procuran, de boa fe, construír e manter un repositorio de arquivos de imaxe que, até onde se sabe, sexan libres ou posúan unha licencia libre.

O principio de precaución implica que, cando existan dúbidas significativas sobre se un arquivo en concreto é libre ou non, este debería ser eliminado.

Así mesmo, argumentos do tipo "podemos saír coa nosa", coma os seguintes, son contrarios aos obxectivos de Commons:

  1. "O titular dos dereitos non se vai molestar en denunciar ou non pode permitirse facelo".
  2. "O titular dos dereitos nunca se decatará".
  3. "Ao titular dos dereitos non lle vai importar ou debería de agradecer a divulgación da súa obra".
  4. "Non se sabe quen é o titular dos dereitos, así que en realidade non importa".
  5. "É obvio que o arquivo é de propiedade colectiva. Pódese atopar por toda a internet e ninguén se queixou nunca".
  6. "O arquivo foi creado por un criminal ou por un terrorista, polo que non debería ter dereito á protección das súas obras".
Category:Commons policies/Translations