Previo de micrófono
Un previo de micrófono é un circuíto ao que se conecta un micrófono para aumentar o seu sinal.
O sinal do micrófono é demasiado baixo como para podelo gravar, sendo preciso amplificalo ata un nivel de liña. Tamén hai micrófonos (micrófonos de condensador) que necesitan corrente para que funcionen (alimentación phantom). O previo de micrófono tamén se encarga disto.
Un previo pode ser parte dunha mesa de mesturas ou dun aparello independente.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Estudiodegrabacion.es Arquivado 01 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).