ou

Categoría:GalegoGalego

Conxunción

Categoría:Conxuncións en galego

ou

  1. Con valor disxuntivo expresa unha alternativa.
    • Exemplo: Queres que ceemos ou queres que baixemos?, Flores amarelas ou brancas.


  1. Entre dúas cifras pode indicar avaliación aproximativa.
    • Exemplo: Serían as dúas ou dúas e media.


  1. Despois dunha afirmación expresa rectificación, explicación, etc., do que se vén de dicir.
    • Exemplo: O avó é carpinteiro, ou foino.


  1. Indica que as formas que une designan a mesma cousa.
    • Exemplo: O sabugueiro ou bieiteiro considerábase árbore sagrada.


  1. Nexo de dúas cláusulas, cando a primeira expresa unha orde ou consello, e a segunda as consecuencias de non seguilo.
    • Exemplo: Ou o deixas saír ou te denuncio, ¡Sácateme de diante ou arréoche!


  1. Introduce unha explicación ou xustificación da afirmación que se acaba de facer.
    • Exemplo: Tan incompetente non é, ou non a chamarían.


Traducións

Interxección

Categoría:Interxeccións
  1. Expresión de admiración, sorpresa, dor.
    • Exemplo: ¡Ou, que guapa estás!


  1. Exclamación para chama-la atención dalguén.
    • Exemplo: Ou, ti, ¿que fas?


  1. Partícula que reforza as interrogacións.
    • Exemplo: ¿Estarás contento, ou?


Traducións


Categoría:Wiktionary:Orixe Galipedia


OU símbolo

"OU" (en maiúsculas) é o distintivo das antigas matrículas de automóbiles para Ourense; a súa implementación estivo envolveita en polémica debido a que foi unha esixencia cidadá (axudada polos propios impresores de placas) que se elevou a rango de lei coa oficialidade a nivel estatal da denominación galega e catalá das capitais provinciais. Xunto con "OU" cambiáronse "IB" (de Illas Baleares) e mais "GI" (de Girona), pero a súa influencia mediática foi atenuada pronto polo cambio de codificación nas matrículas.
A principal campaña con repercusión social levouna a cabo a Mesa pola Normalización Lingüística. Na cidade das Burgas, a reivindicación realizouse con adhesivos que mesmo se superpuñan ó "OR" orixinal da placa. (v. tamén polémica do Seat Arosa).

Categoría:CatalánCatalán

Substantivo masculino

Categoría:Substantivos masculinos en catalán

ou (sg: ou; pl: ous)

  1. Ovo.

Categoría:FrancésFrancés

Conxunción

Categoría:Conxuncións en francés

ou

  1. Ou.

Categoría:PortuguésPortugués

Conxunción

Categoría:Conxuncións en portugués

ou

  1. Ou.
Categoría:Catalán Categoría:Conxuncións en francés Categoría:Conxuncións en galego Categoría:Conxuncións en portugués Categoría:Entradas con etimoloxía Categoría:Entradas en catalán con etimoloxía Categoría:Entradas en catalán con transcrición fonolóxica Categoría:Entradas en catalán derivadas do latín Categoría:Entradas en francés con etimoloxía Categoría:Entradas en francés con son Categoría:Entradas en galego con tradución ao alemán Categoría:Entradas en galego con tradución ao castelán Categoría:Entradas en galego con tradución ao croata Categoría:Entradas en galego con tradución ao francés Categoría:Entradas en galego con tradución ao inglés Categoría:Entradas en galego con tradución ao italiano Categoría:Entradas en galego con tradución ao portugués Categoría:Entradas en galego con transcrición fonolóxica Categoría:Entradas en galego derivadas do latín Categoría:Entradas en portugués con etimoloxía Categoría:Entradas en portugués con son Categoría:Entradas en portugués derivadas do latín Categoría:Francés Categoría:Galego Categoría:Interxeccións Categoría:Portugués Categoría:Substantivos masculinos en catalán Categoría:Wiktionary:Entradas en catalán sen son Categoría:Wiktionary:Entradas en francés sen transcrición fonolóxica Categoría:Wiktionary:Entradas en galego sen son Categoría:Wiktionary:Entradas en portugués sen transcrición fonolóxica Categoría:Wiktionary:Orixe Galipedia